sábado, 30 de enero de 2016

Encontro: Paz Olímpica



O Movemento Olímpico tamén fala de PAZ, ese foi o tema de investigación que a biblioBN encargou ás aulas e foi recollido nun fermoso díptico.
Neste Encontro presentamos o traballo realizado aos compañeiros e aprendemos algunha cousa máis:



Presentación do traballo que realizamos en Arte arredor dos temas de México 68: pomba da paz olímpica e cartel.



Díptico coa información traballada:




lunes, 25 de enero de 2016

Día da PAZ 2016: Tregua Olímpica

Porque os Xogos Olímpicos tamén saben de PAZ e GUERRAS ...
A biblioBN encargou a cada aula unha pequena busca de información sobre a Tregua Olímpica dende os Xogos da Antiga Grecia ata os da Era Moderna.
Aquí tendes o fabuloso resultado :



                


FELIZ TREGUA OLÍMPICA !!!

Agradecemento á Biblioteca do I.E.S. Rafael Dieste

Dende a biblioBN queremos agradecer a Mati, coordinadora da Biblioteca do IES Rafael Dieste, o préstamo dos carteis dos Xogos Olímpicos Modernos que axudará a medrar e mellorar o noso proxecto de traballo.
As Bibliotecas Escolares Galegas tecendo redes de aprendizaxe e colaboración !!!


viernes, 15 de enero de 2016

Encontro da Conta Atrás

Empezamos o ano olímpico e iniciamos a conta atrás para Río 2016.

Ricardo Prado, medallista olímpico brasileño, conta nun Draw My Life o Movemento Olímpico.




Antes de presentar ás mascotas de Río, aprendemos a historia das mascotas olímpicas:



Presentamos a Vinicius e Tom, que representan á flora e fauna deste país e a súa diversidade.







Grazas a Mark Enzo, con familia en Río, localizamos Brasil e Río. Despois vemos a distancia que os separa de Barrionovo:



Recollemos o calendario para realizar a conta atrás:




A aula de 3 realizará a conta atrás do encendido da antorcha o 21 de abril.
A aula de 4 a da inauguración dos Xogos o 5 de agosto.
E a de 5 a da inauguración dos Xogos Paralímpicos o 7 de setembro.





martes, 12 de enero de 2016

Encontro: Xogos Olímpicos de Inverno



Coñecemos os Xogos Olímpicos de Inverno:



Despois de ver o mapa coas sedes dos xogos, deducimos que se celebran nos sitios onde fai frío porque ten que haber neve.
Localizamos no mapa físico as montañas máis altas do mundo:


Dándolle a volta ao mapa, buscamos que país corresponde a cada bandeira sede dos Xogos de Inverno:



Facendo o reconto, concluimos que Europa é o continente no que se celebraron máis Xogos de Inverno.






Rexistramos as datas significativas na liña do tempo.
Primeiros Xogos de Inverno en 1924:


Deixan de celebrarse cos de verán no 1992:


Os últimos foron no 2014 e os seguintes no 2018:



Desenvolvemos a nosa creatividade na Mesa de Luz traballando con sal e os pictogramas dos Xogos de Inverno:


Aniversario de Perrault

O doodle de Google de hoxe lembraba o aniversario de un autor de historias moi coñecidas:


Lemos unha fantástica versión Pop-Up de Caperucita Roja:


Recoñecemos a súa imaxe e rodeamos o conto que máis nos gusta:


Barrionovo 2016 - Bits 7


Acción Poética XXXIV