jueves, 30 de marzo de 2017

Encontro: Compartindo Okupación II


Na biblioBN seguimos a compartir os fantásticos paneis de actividades para o Escornabot realizados coas nosas familias.








Lecturas e +

O alumnado de 3 anos disfrutou dunha das novidades da biblioBN que trae algo máis. A colección La cereza achéganos á poesía contada e ... cantada a través dun código QR.


miércoles, 29 de marzo de 2017

Encontro: Mulleres e Robótica


Presentación do tríptico elaborado coa información buscada, tratada e rexistrada polo alumnado:








Seleccionaron aquelas expertas en robótica que innovaron no eido social:






domingo, 26 de marzo de 2017

O Proxecto Escornabot na USC

O pasado venres os Escornabots viaxaron desde a nosa escola ata Santiago para visitar ao alumnado de 1º do Grao en Educación Infantil.
Novamente agradecemos a Almudena Alonso o seu convite para amosar un pouquiño do noso traballo aos  futuros docentes.


miércoles, 22 de marzo de 2017

EncontXos polo Planeta V: Wangari Maathai

Escoitamos a historia da Muller Árbore:







Localizamos Kenia, escribimos o nome da súa acción en defensa do planeta e completamos o noso taboleiro:



sábado, 18 de marzo de 2017

A biblioBN nos Encontros do PLAMBE

Este venres xuntámonos en Santiago 615 coordinador@s de bibliotecas do PLAMBE para disfrutar dos Encontros anuais.
Aprendimos, compartimos, rimos e cargamos as pilas para seguir fedellando e facendo fedellar nas nosas bibliotecas...
A biblioBN, xunto coa Leoteca, compartimos a nosa experiencia co Escornabot, que quedou moi agradecido:



Sempre Rosalía

A medio camiño entre o Día de Rosalía e o Día da Poesía ...
aproveitamos os paneis informativos elaborados polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo, préstamo das Bibliotecas Municipais, para afondar un pouquiño máis na súa vida, obra e recoñecemento.



Despois de ver o panel coas esculturas de Rosalía espalladas polo mundo, amplíamos información coa magnífica presentación da biblioteca do IES San Paio de Tui:


Rosalía nas artes plásticas escultura from tudense

Rematamos escoitando os tres poemas que aparecen nos paneis interpretados por: Luz Casal e Carlos Núñez, Amancio Prada e Astarot.








sábado, 11 de marzo de 2017

Do Escornabot á Mesa de Luz

O alumnado de 3 anos ocupou a biblioBN para traballar as súas iniciais e números de lista.
Primeiro os buscaron nas plantillas co Escornabot:



Despois, os localizaron nas tarxetas para realizar a grafía na sal que cubría a Mesa de Luz:


viernes, 10 de marzo de 2017

Encontro en Igualdade


Resultado de imagen de cim arteixo igualdade

Un curso máis, o alumnado de 6º participa dos talleres de igualdade do CIM. Traballamos a través dun conto e as actividades posteriores:



Encontro: A época dourada dos autómatas





Tras o Encontro, Mar achegounos unha noticia muy interesante:


miércoles, 8 de marzo de 2017

E así camiñamos cara á Igualdade

Percorrendo co Escornabot as lecturas que nos axudarán nesta andaina.
O luns presentamos a Guía de Lectura:



E o resto dos días, nas titorías, baixamos á exposición da entrada:


e seguimos a camiñar e ler: